luns, 7 de febreiro de 2011

R. Zucco de B. M. Koltés. (Debe ser lido a ritmo de blues).

Quero marcharme. Hai que marchar rápido. Vai demasiada calor, nesta merda de cidade. Quero ir a África, baixo a neve. Teño que marchar porque vou morrer. De todos xeitos, ninguén se interesa por ninguén. Ninguén. Os homes precisan ás mulleres e as mulleres aos homes. Pero o que é amor, non hai. Excítome cos homes por compaixón. Gustaríame volver a nacer cadela, para ser menos desgraciada. Cadela abandoada, remexendo no lixo; ninguén se fixaría en min. Gustaríame ser unha cadela amarela, roída pola sarna, da que a xente se aparta sen prestarlle atención. Gustaríame ser unha buscadora de lixos por toda a eternidade. Creo que non hai palabras, non hai nada que dicir. Hai que deixar de ensinar palabras. Hai que pechar as escolas e ampliar os cemiterios. De todos xeitos, un ano, cen anos, dá igual, antes ou despois temos que morrer, todos. E iso, e iso é o que fai que os paxaros canten e os paxaros rian. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario