Cando teño dúbidas en Mac, non hai nada mellor que arrincar un anaco de Shakespeare e descontextualizalo... Sempre me acaba convencendo!
"Este ataque asentará a miña sorte ou me destronará.
Vivín bastante; a senda da miña vida
chegou ao outono, á folla amarela,
e o que debe acompañar á vellez,
como honra, afecto, obediencia, amigos sen fin,
non podo pretendelo. No seu lugar, maldicións,
caladas, mais profundas; palabras insinceras
que a miña pobre alma rexeitaría, mais non se atreve.
Loitarei ata que arrinquen a carne dos meus ósos. "
E cando o xenio se deixa, déixome levar por unha boa interpretación con Álex Sobrino no papel de Macbeth!
Yes!!!! You can!
ResponderEliminarAs dúbidas son boas, porque levan á reflexión.
Bico!!!!
Tanto dubidei que digo, non podo caer no erro que lle custou a vida a Mac, porque ás veces regodeámonos e prefiro ir a barra tomar o sol e volver ao meu traballo, a miña vida chea de sol... sen medo e sen rencores.
ResponderEliminarAxúdasme a ver a vida dende outro punto de vista que complementa o meu como un engranaxe que me axuda a avanzar.
Amigos así fánche medrar... Grazas Samu Elino!
O pracer de estar no escenario, onde a sensación de desnudez é moi superior á de atoparse sen roupa no medio dun centro comercial, o mellor e máis tranquilizador é a seguridade que che aporta ter un respaldo tan grande na dirección.
ResponderEliminarGrazas compañeira!
Jajaja! Que susto debiches levar co comentario anterior! A Escola Municipal comenta o Kokoro? Jaja! Xa está arranxado. Biquiños!
ResponderEliminarPoderemos, estou seguro, co que nos veña enriba, si fai falla pisar barro e manchar os pés. O caso é voltar a casa co corazón e a cabeza limpos de todo lixo!!
ResponderEliminarUn bico enorme en vésperas. Confiemos no noso Presidente así como confiamos na directora da campaña!!Bicos grandes!!!