venres, 23 de agosto de 2013

Salsa de pan. Receita da avoa Ana.

SALSA DE PAN

-Manteiga
-½  cebola
-2 cravos (a especia, por suposto)
- ½ L de leite
-1 cucharadiña de Oporto ou, na sua ausencia Malaga virxe ou calquera viño doce.
- 40/50 g de miga de pan tendo en conta que a máis miga, máis espesa sairá a salsa.

Espétanse os dous cravos na cebola e ponse co leite, o Oporto e a miga de pan todo xunto a cocer con lume suave e remexendo durante 5 min. Ao cabo, quítase do lume e retírase a cebola e máis o cravo, bátese coa batedora e volta para o lume 10 min máis, antes de que remate o tempo botamos unha culler de manteiga e outra de nata, remexemos e retiramos do lume.
Esta salsa é moi apropiada para acompañar carnes en xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario