No xaponés hai unha palabra, KoKoro, que pode traducirse tanto por "mente" como por "corazón"
domingo, 25 de agosto de 2013
Un curso máis e van seis!
Un curso máis nas nosas Escolas de Teatro fai seis anos que voltamos de Málaga e as clases de teatro en verán e os monográficos consolidáronse nunha Escola, primeiro no Porriño e nos seguintes anos; A Guarda, Vigo, Salceda, As Neves... Quero brindar pola consolidación dos proxectos culturais, polo noso alumnado e por Xerpo, brindemos pois!!
venres, 23 de agosto de 2013
Batido de limón. Receita da tía Encarna
1 vaso de zume de limón
4 iogurtes naturais (recomendo casa de xanceda ou larsa)
1 bote mediano de leite condensado
Todo á batidora, se queda espeso pode engadirse un chisco de auga, despois á neveira, ten que servirse moi moi frío!
Unha sobremesa ou merenda espléndida!
Salsa de pan. Receita da avoa Ana.
SALSA DE PAN
-Manteiga
-½ cebola
-2 cravos (a especia, por suposto)
- ½ L de leite
-1 cucharadiña de Oporto ou, na sua ausencia Malaga virxe ou calquera viño doce.
- 40/50 g de miga de pan tendo en conta que a máis miga, máis espesa sairá a salsa.
Espétanse os dous cravos na cebola e ponse co leite, o Oporto e a miga de pan todo xunto a cocer con lume suave e remexendo durante 5 min. Ao cabo, quítase do lume e retírase a cebola e máis o cravo, bátese coa batedora e volta para o lume 10 min máis, antes de que remate o tempo botamos unha culler de manteiga e outra de nata, remexemos e retiramos do lume.
Esta salsa é moi apropiada para acompañar carnes en xeral.
Empanadillas da miña nai (sen cebola)
EMPANADILLAS. (Camila).
Ingredentes:
1 quilo de fariña (trigo). (Con ou sen levadura).
Un pouco de manteiga.
1 ou 2 ovos (como se prefira).
Un pouco sucre.
Un pouco sal.
Un pouco leite (e auga).
Se a fariña non leva levadura, pór unha pouca de panadería.
Recheo: atún en lata e ovos cocidos.
Ponse toda a fariña nun bol faise un buratiño no medio e bótase a manteiga, o ovo(s), o sucre e o sal, bátese todo e vaiselle engadindo leite e auga. Cando xa está rodo mesturado amásase, fóra do bol ben amasado. Logo deixase descansar (unha hora se é levadura de panadería e 20 – 30 minutos se a fariña ten a levadura incorporada).
Mentres tanto faise o recheo, que pode ser moi variado, o básico é atún en lata mesturado con ovo cocido.
A continuación estírase e faise a forma dan empanadilla, pechando os bordes cun garfio, e fríxense.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)