venres, 23 de agosto de 2013

Empanadillas da miña nai (sen cebola)


EMPANADILLAS. (Camila).
Ingredentes:
1 quilo de fariña (trigo). (Con ou sen levadura).
Un pouco de manteiga.
1 ou 2 ovos (como se prefira).
Un pouco sucre.
Un pouco sal.
Un pouco leite (e auga).
Se a fariña non leva levadura, pór unha pouca de panadería.
Recheo: atún en lata e ovos cocidos.
Ponse toda a fariña nun bol faise un buratiño no medio e bótase a manteiga, o ovo(s), o sucre e o sal, bátese todo e vaiselle engadindo leite e auga. Cando xa está rodo mesturado amásase, fóra do bol ben amasado. Logo deixase descansar (unha hora se é levadura de panadería e 20 – 30 minutos se a fariña ten a levadura incorporada).
Mentres tanto faise o recheo, que pode ser moi variado, o básico é atún en lata mesturado con ovo cocido.
A continuación estírase e faise a forma dan empanadilla, pechando os bordes cun garfio, e fríxense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario