Garabatos, demos, gatos e teatros!!
Co paso do tempo os soños achéganse ou afástanse máis de nós. . . Iso é o que nos dá días mellores e peores. . . O tempo é unha goma elástica que fai que os mellores momentos sexan un tirón e alongan a dor ata lembranzas que te acompañan toda a vida.
Niso, eu sempre tiven sorte,porque dende pequena na miña casa, as miñas irmás en segredo ensináronme a voar, a soñar con coherencia e aprendín a ser teimuda no intento e arroutada no resultado. . . Finalmente iniciarei o voo calquer día, a base de estar lonxe do que quero pero sen perder de vista o soño, aprendín a saltar e manexarme nas distancias.
Construín válvulas de escape para as emocións, engranaxes que seguirán funcionando ante calquer apagón da miña consciencia, dotei de vida a maquinaria do desexo, e tiven por erro dúas leccións de paciencia porque facían máis falta no mundo que a min, asi que nin me resentín ca decisión.
Concepto, interfepto, adepto
Cando chegues xa sei o que vas herdar. . .
O mar,o vento,a sinceiridade, a capacidade de sublimar
A tristura absurda, a paixón pola morte, o respeito pola dor
Séguenseme poñendo os pelos coma escarpias con este texto; tráeme tantos recordos, tantos bos sentementos e, sobre todo, tantas ganas de seguir esta ruta que me leva a mil expedicións.
ResponderEliminarTodo irá sobre rodas, ou o que é o mesmo. Fluirá "como el agua".
Unha aperta enorme.