martes, 10 de maio de 2011

OLD FASHION. (Receita).

Grazas a Mónica e o seu irmán teño comigo a mellor receita do Old Fashion do mundo.
 Asi que pasarei todo o tempo que poida do verán tentando facer un Old Fashion que me faga sentir Don Draper...ou Peggy Olson!

Ingredientes: (para 1 vaso).
- 1/4 de zume de laranxa.
- 1 culleriña de sobremesa de sucre branco.
- 3 pingas de angostura.
- 3 ou 4 pedras de xelo.
- Whisky de centeo (Canadian Club) (4 ou 5 segundos).
- 10 ou 15 centilitros de Auga con gas.

O nome Old Fashion, vén polo tipo de vaso de servir, vaso curto.
Asi, collemos unha laranxa e partímola en catro anacos, exprimimos o anaco no vaso. A continución o sucre e remexemos, logo a angostura a seguir as pedras de xelo. Despois botamos o whisky, para o que contamos mentres botamos mentalmente 4 segundos e finalmente engadimos a auga con gas.

Para decorar podemos usar unha lasca de laranxa ou un anaco de pel de limón (sen nada de branco).

NUNCA SE DEBE BEBER CON PALLIÑA, SEMPRE A GROLOS E DESPACIO!!

1 comentario:

  1. E se tomo un deses aparecerei en mad men??? estilo pleasentville???

    Muak!

    ResponderEliminar