Aqui vos deixo as preguntas da última clase de Teoría Teatral, onde xogamos co que levamos aprendido nesta materia da Escola de Teatro de Xerpo do Porriño.
Nesta materia viaxamos en superficie por diferentes temas que están no mundo do teatro e na Escola pensamos que é un xeito de espertar no alumnado a curiosidade da aprendizaxe teatral dun xeito diferente, asi aprendemos de: historia teatral, dramaturxia, producción, posta en escena, coñecemos artistas, dirección teatral...
Este artigo adícollo ao meu alumnado, que fai que as sesións nesta materia sexan moi estimulantes!
Pasámolo moi ben e non faltaron agasallos como as chaves do apartamento de Torremolinos!!
Incluín algunhas preguntas novas... A polos queixiños!!!
1. En honor a que Deus proveñen os primeiros ritos teatrais?
2. Se digo "Seis personaxes en busca dun autor" e "Tambores na noite", que dramaturgos dicides vos?
3. Cita sete xéneros teatrais.
4. Cita unha obra de teatro de Sófocles.
5. Que é o "araceli?
6. Que forma tiña The Globe"?
7. Como se chama o tipo de teatro do que fixemos unha maqueta en clase?
8. Cal é a diferenza fundamental entre traxedia e drama?
9. Enumera cinco profesións que existan no teatro.
10. Por que o escenario dos teatro, a partires do Renacemento, está en rampa?
11. Di os nomes de dous zanni (un masculino e outro femenino) e un amo de Comedia dell´Arte?
12. Cal é a función da bambalina?
13. Que foi a Calderona?
14. Como se chama o artista que fai escultura hiperrealista, a raíz de ver ao seu pai morto?
15. Que é o escotillón?
16. De que autor romano herdamos as "lecturas de salón"?
17. Cal é o director teatral que "fundamenta"o seu traballo escenográfico en debuxos mentais?
18. Que son os "canovacci"?
19. Cita 2 traxedias e 2 comedias de Shakespeare.
20. En que xénero destacou Iñigo Jones?
21. Cal é a obra teatral de transición do Medievo ao Século de ouro español?
22. Que é en teatro o "bofetón"?
23. Se un director/a manda ir a "Arriba Esquerda", onde terías que colocarte no escenario.
24. Cita unha peza de Ionesco e outra de Yasmina Reza.
25. Que é en teatro unha "morcilla"?
26. Se falamos de barbas e galán, a que época dentro da historia do teatro nos estamos referindo.
27. Se digo Fuenteovejuna e Calderón de la Barca, seguindo a relación vos dicides...
28. Un sinónimo de "catarse".
29. Se cito; Ventera, Raposa e Afiador como personxes teatrais, a que peza e a que autor corresponden?
30. Se falamos de Perfomance e os Balcáns, de que artista falamos?
31. Que é en teatro "garabata"?
32. Que foi o creador de Don Juan?
33. De onde sairon os espazos teatrais no século de ouro francés?
34. En que época existía o coro no teatro?
35. Que dúas regras incorporaron os franceses na súa época dourada ao teatro?
36. Cando deseñamos eventos, aqui en clase, como o Día Mundial do Teatro, que área teatral traballamos?
37. Hai un xénero, que se desenvolveu en Francia e é característico dos entreactos de moitas pezas de Moliere, cal?
38. Cal é a diferencia fundamental entre Happening e Performance?
39. Que é o destinatario nun esquema actancial?
40. Que é Bululú?
41. Sabes definir "incidente desencadenante"?
42. Que miden as gráficas que facemos nas dramaturxias?
43. Lembrades, unha das técnicas, que fai Richard Foreman para dirixir o foco de atención no escenario?
44. Existía o xénero teatral do mimo na época romana?
45. Como se chama a técnica sorpresa que deseñamos para o Día Mundial do Teatro?
46. Que tipo de aparato de iluminación chámase "bote"?
47. Explica a análise dramatúrxica que se basa no Hades e no Olimpo.
48. Que é un gobo?
49. En que tipo de aparato podemos "recortar" a luz?
50. Dime as tres posicións básicas de colocación de aparatos de iluminación.
Pero será posible que nunca gañe????
ResponderEliminarArrediós!!!!! hai moito que aprender!!!!