sábado, 2 de xullo de 2011

No trineo de Schopenhauer de Yasmina Reza... Unha delicia de peza!

  • SERGUE: Nunca se perde sendo positivo. Dáste conta, o amor, penso que o amor é unha fin en si mesma. Polo tanto o amor ten sentido. O día que morra, o amor morrerá comigo. Mentras non morra, existe como unha fin en si mesma, unha fin, ou unha recompensa, ou mellor aínda, unha conquista da existencia.
  • NADINE: volvo vernos aos dous en pixama na cociña, diante do correo esparexido sobre a mesa, as facturas, as canas da universidade, os encordios da vida cotiá, sempre queremos outra vida, verdade? Cremos que as cousas que son a vida non son a vida.

  • ARIEL: A noite do trinta e un de Decembro, Nadine, admirei de pasada o teu sangue frío. Colliches o teu bolso e o teu abrigo e sentinme coma un pequecho o que a súa nai non vai esperar, arrastrámonos, é dicir deixeime arrastrar detrás túa a ese ano novo, mentres pensaba en todas as veces que nos arrastramos, en silencio, obrigados por Deus sabe que, en todas esas parellas que se arrastran día tras día, de data en data, de tempada en tempada, nas reunións, as diversións, diante dos nosos amigos amosácheste atrozmente feliz, pasache rindo dun ano ao outro, sen ningunha ansiedade, como se pode atravesar o tempo sen ansiedade.
  • SERGUE: Non, non é optimismo, é pesimismo superado, o que non ten nada que ver. Levántome con bo pé. Decidín dunha vez por todas que me ía a levantar con bo pé. E senón me levanto con bo pé, asumo a responsabilidade. Xa verás como, cando recuperes, adoptas unha dietética da existencia. Eu tiven a sorte de ler a Shakespeare moi cedo, a efémera vela e a morte cincenta, entendín que a vida non tiña sentido, quero dicir a miña vida, a miña vida en sentido literal. 
  • NADINE:Estou disposta a botarme en brazos de calquera que traia flores, de calquera que faga xestos tenros, de calquera que diga palabras consoladoras. Antes ou despois, un home pode conseguir a calquera muller. A tristeza non é de onte, nin de antonte, a tristeza vén de lonxe, aínda que un dea media volta non ve de onde vén.  Cando discutiamos, o meu home marchaba da habitación. Ariel sempre marchaba da habitación, Os homes márchan das habitacións. Non queren falar, non queren discutir. Márchan da habitación coma se a súa ausencia fose matarnos (e teñen razón), ás veces ata marchaba de casa. Pechaba á mantenta a porta cun gran portazo, quería facer tremer as paredes. Nunca regresaba, quero dicir a tempo, cando o regreso significase un xiro, un arrepentimento, (seica existen na vida esas viraxes que vemos nos libros e nas películas, homes que saltan dos estribos, soben os chanzos de catro en catro? Na vida real non existen eses xiros apaixonados, non, na vida real non (se) regresa.
  • SOPHIE: O sexo non ten ningunha consistencia particular. É un elemento da paisaxe. E o debilitamiento do desexo co paso do tempo tamén forma parte da paisaxe, e é tan inevitable como a caída do pelo ou a artrite, só que é menos grave que a artrite. ¡A cantidade de desgraciados que puxeron o sexo no centro por puro efecto de condicionamento! Perdoa o tópico, pero é mellor na fase do desexo. Chega unha idade na que te dás conta; se           pasados os vinte e cinco anos aínda non entendiches que a miúdo é mellor na fase de desexo, é que careces de imaxinación. 

  • SERGUE: Individualmente, que eu exista ou non carece de importancia, nacín, morrerei, e xa está. En cambio a supervivencia da especie, a continuidade das xeracións, a perspectiva da Historia, iso ten sentido, cando digo sentido quero dicir unha dirección, a palabra préstase a equívoco, non quero dicir unha significación senón unha dirección, hai unha dirección que é mellor que outra, a dirección que dará lugar a unha moral tolerante, pluralista, humorística, alegre, será mellor que outra, a humanidade pode tomar esa dirección e, ao noso insignificante nivel, temos a obrigación de contribuír para que así sexa.
  • PSIQUIATRA:Os fabricantes dirixen as nosas vidas e desespérannos, xa que nos desesperan as cousas previsibles, saben, e mentres pensaba nos fabricantes que nos desesperan pensei vaime a alcanzar, esa xente chega ao mesmo sitio que nós, alcánzanos, todo o mundo alcánzanos, non existe ir por diante, saben, ninguén vai por diante, nin novos, nin vellos, nin ninguén, chegamos ao mesmo sitio, ao fin e ao cabo, diante dos zapatos de inverno, os zapatos escuros, as botas, as fileiras escuras. . . 

1 comentario:

  1. Como me emociona cada anaco deste texto!!!!
    Noraboa pola beleza do Kokoro, Irene. Polo Kokoro de Irene!
    Yo te ai lof yu!!!

    ResponderEliminar