martes, 1 de marzo de 2011

Mac...yes we can!



Cando teño dúbidas en Mac, non hai nada mellor que arrincar un anaco de  Shakespeare e descontextualizalo... Sempre me acaba convencendo!

"Este ataque asentará a miña sorte ou me destronará.
Vivín bastante; a senda da miña vida
chegou ao outono, á folla amarela,
e o que debe acompañar á vellez,
como honra, afecto, obediencia, amigos sen fin,
non podo pretendelo. No seu lugar, maldicións,
caladas, mais profundas; palabras insinceras
que a miña pobre alma rexeitaría, mais non se atreve. 
Loitarei ata que arrinquen a carne dos meus ósos. "

E cando o xenio se deixa, déixome levar por unha boa interpretación con Álex Sobrino no papel de Macbeth!

5 comentarios:

  1. Yes!!!! You can!

    As dúbidas son boas, porque levan á reflexión.
    Bico!!!!

    ResponderEliminar
  2. Tanto dubidei que digo, non podo caer no erro que lle custou a vida a Mac, porque ás veces regodeámonos e prefiro ir a barra tomar o sol e volver ao meu traballo, a miña vida chea de sol... sen medo e sen rencores.
    Axúdasme a ver a vida dende outro punto de vista que complementa o meu como un engranaxe que me axuda a avanzar.
    Amigos así fánche medrar... Grazas Samu Elino!

    ResponderEliminar
  3. O pracer de estar no escenario, onde a sensación de desnudez é moi superior á de atoparse sen roupa no medio dun centro comercial, o mellor e máis tranquilizador é a seguridade que che aporta ter un respaldo tan grande na dirección.
    Grazas compañeira!

    ResponderEliminar
  4. Jajaja! Que susto debiches levar co comentario anterior! A Escola Municipal comenta o Kokoro? Jaja! Xa está arranxado. Biquiños!

    ResponderEliminar
  5. Poderemos, estou seguro, co que nos veña enriba, si fai falla pisar barro e manchar os pés. O caso é voltar a casa co corazón e a cabeza limpos de todo lixo!!
    Un bico enorme en vésperas. Confiemos no noso Presidente así como confiamos na directora da campaña!!Bicos grandes!!!

    ResponderEliminar